(Perspectiva de Mariana)O telefonillo soou a primeira hora da tarde, cando estaba no salón tentando equilibrar o portátil no colo e unha cunca de té na man. Eliete respondeu, e debuxóuselle un sorriso na cara.—É a túa tía, Mariana. Vera.—Déixaa pasar. E vai preparando o café, que esta non se vai pronto.Coñecía á tía Vera. Cando viña de visita, era sempre cunha misión. E misión, na súa cabeza, significaba pasarse horas no salón, tomando café, contando historias e dándome consellos sobre a miña vida.Entrou cunha bolsa de tea estampada… desas de feira ecolóxica e un sorriso de oreja a oreja.—¡Mari! ¿Como estás, filla?—Estou ben, tía. ¿E vostede?—Ben, ben. Con moito curro, liada, pero ben. Vin traerte unhas cousiñas.Sentouse no sofá ao meu lado, abriu a bolsa, e empezou a sacar paquetes. Paquetes de herbas, botes de cristal con líquidos escuros, saquiños de tea atados con cintas de cores.—Tía, ¿que é isto?—Simpatías, filla. Receitas da miña avoa… a túa bisavoa. Para axudar a qu
Leer más